www.ladislexia.es


Dislexia:
Implicacións na linguaxe verbal e matemática.

Matrícula

Custo da matrícula


Taxa xeral: 120 €*

Taxa reducida: 70 €*
(aplicable a estudantes de calquera universidade, persoas desempregadas e PDI e PAS da USC)

*Todas as persoas que non están cubertas polo seguro escolar obrigatorio da USC (as persoas que non teñan realizado matrícula na USC no curso académico 2008-09 ou ben aquelas persoas que, sendo alumnos/as da USC neste curso 2008/09 e sendo maiores de 28 anos, non teñan contratado este seguro nos estudos nos que formalizaron matrícula), deben subscribir, a parte da matrícula, o seguro obrigatorio de 9,45 €. A formalización desta póliza farase no momento de realizar a matrícula.

En ningún caso será posíbel a devolución de taxas unha vez realizada a matrícula, agás pola suspensión do curso. Un curso suspenderase se non acada 30 estudantes inscritos/as; nestes casos a USC devolve só o importe da taxa pagada.

Prazo de matrícula


O prazo para realizar a inscrición no curso é:

  • En liña por internet do 25 de maio ao 4 de setembro.
  • Presencial do 15 de xuño ao 4 de setembro.
  • Non será posíbel matricularse fóra destes prazos.

Formalización da matrícula


A matrícula poderá formalizarse de tres maneiras:

  1. Por internet (Acceder)
  2. Presencial
  3. Por correo ordinario


Centros de matriculación e información

Campus de Compostela:
Secretaría dos Cursos de Verán
Vicerreitoría de Cultura
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro s/n

981 563100, extensións 11018 e 11103
Fax: 981 585 255

Campus de Lugo:
Secretaría dos Cursos de Verán
Área de Cultura do Campus de Lugo
Pazo de Montenegro, Praciña da Universidade
982 285900, extensión 21513
Fax: 982 285 914